O Mercado da Verdura de Tui da os primeiros pasos para un Banco de Sementes Autóctonas
Este sábado, 28 de marzo, coincidindo coa celebración dunha nova edición do Mercado da Verdura, porase en marcha a creación dun banco de sementes autóctonas. É unha iniciativa que persegue recuperar as sementes da zona, un proxecto do que este sábado se dará o primeiro paso para recuperar as plantas autóctonas e todo o seu potencial.
O Mercado da Verdura volverá celebrarse de 10 a 14h no Cárcere Vello en Tui, na rúa Sanz, coa presenza dos produtores ecolóxicos da zona para vender directamente a colleita da temporada: verdura, tirabeques, guisantes, espinacas, acelgas, apios, verzas, grelos, nabizas…
O mercado está organizado polo Concello de Tui, APEGA e o Foro Tude.











