publicidade hoxe

O menores do Kero-Kolo descobren os instrumentos da man do ‘Kero-Musical’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Os/As nenos/as do Kero-Kolo formaron parte, esta mañá, da iniciativa ‘Kero-Musical’, realizada co obxecto de que os/as menores coñezan os sons, notas musicais e os instrumentos de vento, corda e percusión.

Para a mesma contaron cun grupos de músicos voluntarios, que non só amosaron os diferentes instrumentos, senón que tamén interpretaron diferentes pezas musicais aptas para os/as máis pequenos/as. Devandita iniciativa súmase as realizadas ao longo do ano no Kero-Kolo, como as de magosto ou Entroido, entre outras. Todas co fin de que o Kero-Kolo sexa un espazo de encontro entre pais/nais e nenos/as, menores de tres anos de idade (non escolarizados), onde conxuntamente coa familia e a orientadores/as das sesións aprenden a relacionarse entre eles. As diferentes sesións teñen lugar os martes e mércores de 11.30 a 13 horas. Cada sesión deste programa, que busca ser unha aula de convivencia antesala de entrada ao centro educativo, está articulada en torno ao seguintes momentos: tempo adicado ao xogo neno/a-adulto-orientadores/as (presentación e anécdotas semanais, música e baile), tempo de reunión dos adultos para abordar temas relacionados cos/coas menores e a súa educación (os/as nenos continuarán a xogar, acompañados/as polos/as educadores/as, aínda que baixo a supervisión dos pais), realización de rutinas de diarias nas que traballar os sentidos e hábitos (tamén traballarán nocións de precálculo e prelectura baseadas en xogos e fichas de baixa dificultade) e tempo de recollida-despedida (recollida do material e realización dunha actividade grupal consistente en cancións e contos).

Este programa atópase enmarcada dentro da iniciativa Escola de Familia Municipal na que tamén se inclúen outras actividades como ‘Kero-Informátika’, ‘Kero-Kedar’, ‘Kero-Kedar +’, Club da Calceta ‘Tecendo Soños’, ‘ABC de Costura’, ‘Arte de vestir’, ‘Sabedoría dos Recordos’, titoría de acompañamento sociolaboral e socioeducativa personalizada, ‘Se queres, podes’ ou accións formativas de reforzo educativo entre outras. A iniciativa da Escola de Familia Municipal naceu como lugar de encontro, de formación e de intercambio de ideas, experiencias e actividades para todos/as verinenses, que incremente a sensibilización cidadá neste sentido. Está enfocada cara o desenvolvemento positivo de actividades que potencien competencias e actitudes cun carácter pragmático, con mensaxes sinxelos e claros entre as persoas participantes, na que se traballará o esforzo, a cooperación, a responsabilidade, igualdade, autonomía, respecto, aprendizaxe continuo, desexo de saber, creatividade, espírito crítico, asunción de riscos e aceptación de erros.

10 de marzo de 2015 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.