O III Ciclo de Música Contemporánea MIHLSons-XXI ofrecerá catro conferencias-concerto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLugo
A-
A+

Esta mañá tivo lugar as presentacion do III Ciclo de Música Contemporánea MIHLSons-XXI que presenta novidades en relación as anteriores edicións. Así, as actividades que se xeran en torno a este ciclo de música comezan o martes 17 de marzo e rematan o venres 24 de abril e realizaranse na Casa do Saber, no MIHL, no Auditorio Gustavo Freire e no Conservatorio de música Xoan Montes.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a Vicerrectora de Servizos do Campus de Lugo, Carmela Silva, e o coordinador do Ciclo e profesor no Conservatorio de Música de Lugo, Diego Ventoso, e presentaron o programa desta nova edición de música contemporánea.

Carmen Basadre sinalou que “esta nova edición de Musicas Contemporáneas é moi importante para a cidade xa que son moitas as institucións involucradas para promover este ciclo de música” e animou a todos aqueles que teñan novas ideas para levalas a cabo.

O MIHLSons-XXI que naceu co obxectivo de crear un espazo que aglutinese a artistas procedentes de campos tan diversos como a música instrumental e electrónica, a danza ou a creación audiovisual, afianzouse como unha importante cita da axenda cultural lucense. Esta actividade aposta pola dinamización de proxectos artísticos comúns entre diferentes institucións educativas da cidade.

Nesta edición, segundo explicou Diego Ventoso, a gran novidade é a creación de 3 conferencias-concertos sobre a historia da música contemporanea, unha conferencia-concerto sobre a danza e a música contemporánea, un concerto didáctico e unha exposición de fotografías. O primeira das conferencias-concertos sobre a historia da música será o martes 17 de marzo ás 20 horas na Casa do Saber impartida por Pablo Sánchez Quinteiro sobre Viena 1900: O camiño á modernidade e a continuación o concerto do pianista Juan Ignacion Martínez Pardo, Máis aló da tonalidade.

A seguinte cita será o martes 24 de marzo ás 20 horas na Casa do Saber coa conferencia de Javier Maria López Rodriguez, Das tendencias neoclásicas ao limiar da posmodernidade: música do 2º terzo do século XX, ó que seguirá un concerto con Vicente Uñón Prieto e Xacobe Melendrez titulado Os elementos do makrokosmos.

O martes 7 de abril no Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes, comezará a partir das 20 horas a conferencia A diversificación inevitable: percorrido polas catro últimas dñecadas da historia da música a cargo de Iker Güemes e cun concerto posterior de Diego Ventoso.

Este terceiro ciclo de música contemporánea tamén presenta o martes 14 de abril unha conferencia-concerto sobre a danza e a música contemporánea impartida por Raquel González e que dará paso a unha actuación conxunta do grupo de percusión do Conservatorio de Música Xoan Montes e o Grupo de danza contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza.

Tamén se vai a celebra un concerto de Vertixe Sonora Ensemble titulada Utopía Sonora e que se celebra na Casa do Saber o venres 17 de abril ás 20 horas.

Os concertos didácticos para escolares serán o martes 14 de abril ás 11 e ás 13 horas dirixido a nenos e nenas dos centros de educación primaria e secundaria da provincia de Lugo e que se calcula que se achegarán uns 500 alumnos e alumnas. O concerto corre a cargo do músico Xoan-Xil López sobre Resonancias en movemento.

Neste III Ciclo de Música Contemporánea inaugurarase unha exposición fotográfica realizada polo alumnado de fotografía da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, será o venres 24 de abril no Hall do Auditorio Gustavo Freire.

 

12 de marzo de 2015 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.