publicidade hoxe

O I Simposio de Historia e Patrimonio Cultural de Vilagarcía aproba con nota na universidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A obra recompilatoria dos traballos expostos no I Simposio de Historia e Patrimonio Cultural de Vilagarcía de Arousa aprobou con nota o seu exame universitario. Sesenta persoas, entre profesores e alumnos, asistiron onte á presentación oficial do libro na Facultade de Xeografía e Historia, á que o Concello doou varios exemplares para os seus fondos bibliográficos.

O acto celebrouse onte na Sala de Profesores do Decanato e exerceu como anfitrión e presentador do mesmo o propio Decano da Facultade, Juan Manuel Monterroso Montero, que tamén firma un dos relatorios expostos no Simposio celebrado o pasado mes de maio en Vilagarcía. O Concello estuivo representado polo alcalde, Tomás Fole, e a concelleira de Cultura, Rocío Llovo, mentres que por parte da organización do Simposio asistiron o director do mesmo, o profesor Augusto Guedes e en representación do colectivo Amigos del Arte Románico, Alicia Padín Buceta. Esta doutora en Historia da Arte foi outra das persoas que participaron no Simposio, en concreto cun traballo centrado en Vilagarcía, “Patrimonio Románico de Vilagarcía de Arousa. San martín de Sobrán y San Pedro de Fontecarmoa”, e que forma parte do libro.

No acto, os representantes do Concello agradeceron a colaboración dos investigadores e expertos en patrimonio e historia da Arte que colaboraron e tomaron parte no Simposio aportando traballos, así como tamén a aqueles que asistiron coa intención de descubrir, coñecer ou afondar na riqueza patrimonial que temos na nosa zona en canto a arte medieval e románico.

O alcalde recolleu a testemuña lembrado que o Simposio promovido pola Concellería de Cultura naceu con vocación de continuidade e anunciou que a segunda edición celebrarase o próximo ano coa idea de publicar os relatorios e conclusións en 2016.

Pola súa banda, os profesores animaron ao Concello de Vilagarcía a continuar apostando por esta liña de divulgación do patrimonio e a cultura, posto que as administracións públicas teñen na súa man a posibilidade de promover o estudio e a investigación neste e noutros campos con iniciativas deste tipo que invitaron a seguir a outras entidades e para o cal ofreceron a total colaboración da institución universitaria.

10 de marzo de 2015 | 11:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.