O goberno vilagarcián prega aos veciños do Piñeiriño que esperen ao remate para valorar a reforma do parque
O goberno local de Vilagarcía considera precipitadas e inxustas as queixas realizadas por uns veciños do Piñeiriño en relación ao proxecto de reforma do parque que está executando o Concello. O executivo local cree que os veciños deberían esperar a que rematase a obra para xulgar obxectivamente a actuación.
Para empezar, dende o goberno aclaran que o proxecto prevé a ampliación da zona infantil de xogos en 20 metros cadrados, ademais da instalación do firme de caucho. En canto á dotación de equipamentos, o Concello sinala que se restaurarán todos os xogos que existían e se instarán dous máis a maiores. O goberno recoñece que se manterán os xogos e columpios que existían na zona, pero tras unha restauración a fondo, cambiando as pezas que se atopen en mal estado ou que non cumpran a normativa de seguridade. Ademais, pintaranse e barnizaranse de novo, polo que estarán en perfecto estado tanto para a súa utilización como a efectos estéticos.
O goberno presidido por Tomás Fole, lembra que o parque do Piñeiriño levaba décadas case sen tocarse, con pequenas lñabores de mantemento que non resolvían as carencias que presentaba a zona de esparexemento deste populoso barrio. Ante a necesidade de actuar, sobre todo en materia de seeuridade, posto que os xogos non cumprían con diveros puntos da normativa actual, optouse por actuar de forma urxente cos cartos dos que se dispoñía nese momento. O proxecto tivo que adaptarse a este ornamento, polo que se priorizou actuar en materia de seguridade e estética e aproveitando recursos xa que os xogos podíanse restaurar e acomodar a normativa, tanto no que a súas pezas e materiais se refire, como ás normas de instalación, fixación ao chan e mesmo separación entre elementos. Precisamente, as medicións que se efectuaron hoxe foron para determinar a distancia que deben gardar entre si os xogos para garantir a seguridade dos nenos. Para facer estas medicións leváronse os xogos no estado no que se quitaron, posto que aínda non se procedeu a súa rehabilitación. O que non quere dicir que s evadan a colocar nesas circunstancias.
En canto a demanda de ampliar a zona de xogos para os nenos, a zona de xogos infantís sumará 20 metros cadrados respecto á superficie que tiña antes. Ademais, hai que ter en conta que o goberno xa tiña previsto levar a cabo unha segunda fase das obras a efectos de completar a actuación que non puido proxectarse conxuntamente por carecer de presuposto neses intres. Nesta segunda fase está previsto instalar máis estruturas de xogos aproveitando a zona do prado. Estes xogos destinaranse a nenos de maior idade e serán tipo estaturas de escalara e tirolinas.
A disposición dos veciños
O goberno lamenta insiste en que os veciños deberían dirixirse aos concelleiros para solventar as súas dúbidas respecto ás obras que se están a levar a cabo ou esperar a que se completen antes de convocar protestas que non teñen razón de ser, como queda demostrado.Os edís, insisten en que están a disposición dos veciños para aclarar calquera tema ou para escoitar as súas propostas.











