O goberno local deseñará un plan de tráfico con 15 colexios para as horas de entrada e saída
O rexedor avanzou unha “importante” reunión que vai lugar mañá xoves na Alcaldía con 15 colexios para elaborar un plan de tráfico nas horas de entrada e saída dos centros escolares. Tal e como explicou, o Concello quere avanzar nun deseño da circulación que facilite o acceso aos miles de nenos e nenas e as súas familias que a diario acuden aos centros educativos.











