publicidade hoxe

O goberno de Nigrán habilita 45 novas prazas de estacionamento en Praia América

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O goberno municipal habilita 45 novas prazas de estacionamento na Avda. Praia América, na contorna da desembocadura do Río Muiños. Unha simple redistribución da calzada nun tramo de 75 metros permitiu ao goberno local crear 20 novas prazas para ciclomotores, 24 para turismos e 1 para minusválidos, reducindo así as dificultades de estacionamento e mellorando a seguridade viaria da zona.

Esta actuación, xunto coa creación de beirarúa-bici e a substitución e replantación de árbores na fronte da Avenida Praia América que o goberno municipal iniciará a semana próxima, contribuirán a pór en valor uno dos maiores atractivos naturais e paisaxísticos do municipio, tanto para locais como para visitantes.

6 de marzo de 2015 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.