O goberno de Ferrol eleva o índice de execución orzamentaria até case un 80%

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela; e o concelleiro de Economía e Facenda, Alejandro Langtry Caínzos, informaron esta mañá do resultado da liquidación do Presuposto Xeral correspondente ao exercicio de 2014. Este foi un dos temas abordados na Xunta de Goberno Local desta mañá, na que tamén se deu luz verde a contratación do servizo de auditoría externa de control e verificación do programa Urban Ferrol e ao contrato do servizo de defensa xudicial e asistencia xuridica da Administración municipal.

No que atinxe á situación económica das arcas locais, o informe de Intervención Municipal sobre a liquidación da conta xeral do Concello de Ferrol correspondente ao exercicio 2014 ten como principais indicadores os seguintes: o orzamento consolidado da Administración municipal foi de 70,4 millóns de euros e o seu grao de execución se elevou até o 79,92%. Ademais, a débeda contraída coas entidades financieras baixará en case 5 millóns de euros con respecto ao inicio do presente mandato e as facturas pendentes de pago pasaron dos 10,5 millóns de euros que herdou o actual Executivo local en 2010 a soamente 10.415 euros na actualidade. En función deste informe de Intervención Municipal, o primeiro edil da cidade concluíu que “Ferrol ten boa saúde económica e ten a súa estabilidade financieira garantida para o futuro, o que nos permitirá seguir avanzando no proxecto de transformación desta cidade iniciados no actual mandato”.

Máis polo míudo, Rey varela e o titular de Economía, degullaron o informe de Intervención. Así, o presupuesto xeral de 2014 tivo un importe global de 70,4 millóns de euros e unha execución orzamentaria do 79,92%, o que supón manter a tendencia crecente deste mandato, xa que en 2013 o nivel de execución xa alcanzara o 78,84%. Así o reafirmou o rexedor ferrolán, quen destacou que “ao longo deste mandato foron mellorando os grados de execución que están na liña establecida pola lexislación vixente”. Así mesmo, Rey Varela deu a coñecer outro dato do informe de Intervención Municipal que atesoura que o Concello de Ferrol cumpre a regla de gasto e a estabilidade orzamentaria presentando unha liquidación con equilibrio orzamentario tras ter contemplado no ano 2014 unha moi boa previsión de ingresos.

Facer máis con menos

O alcalde estableceu unha comparativa con respecto a anos anteriores, apuntando que o presuposto pechado de 2010 -última anualidade completa do anterior mandato- era de 88,2 millóns de euros, o que siginidca que “ao longo destes anos o presuposto xeral reducíuse nun 20% e a pesar de dispoñer de case 18 millóns de euros menos fomos capaces nestes catro anos de facer máis investimentos que nunca na cidade”, dixo. No que atinxe ao adebedamento das arcas municipais, o rexedor ferrolán explicou que a data 31 de decembro de 2010 estaba cifrado en 30,3 millóns de euros, mentres que se reducirá até os 25,8 millóns de euros previsto para o último día do presente ano 2015. “Neste mandato estamos facendo máis cousas con menor presuposto ordinario, e ademais estamos reducindo o endebedamento da cidade a pesar de ter que absorber máis de 10 millóns de euros de facturas pendentes de pago”, recalcou Jose Manuel Rey Varela.

Ademais, o primeiro edil da cidade tamén ofreceu unha compativa con respecto ás facturas pendentes de pago durantes os últimos cinco anos, que pasaron dos 10,5 millóns de euros existentes en 2010 aos soamente 10.415,38 euros que se presentan pendentes de pago en 2014. “Temos unha boa estabilidade orzamentaria e están encamiñadas presupostariamente as actuacións máis importantes do Goberno Municipal a través das diferentes Áreas e sobre todo sen comprometer exercicios futuros nin a estabilidade dos presupostos”, salientou o alcalde.

Investimento

Nesta liña, o informe de liquidación do Orzamento de 2014 elaborado polos técnicos municipais da área de Economía tamén sinala un bo grao de execución orzamentaria no capítulo de investimentos, pasando do 45% de 2010 aos 50,09% na pasada anualidade. Así as cousas, en 2014 executáronse en investimentos un total de 8 millóns de euros, unha cifra semellante ás alcanzadas nas anualidades de 2012 e 2013.

Por último, o informe de Intervención indica a existencia dun remanente de Tesourería de 6 millóns de euros, un diñeiro que non é sobrante senónn que está comprometido para continuar desenvolvendo proxectos de cidade que teñen unha previsión de investimento plurianual, como é o caso da rúa do Sol ou de Abrir Ferrol ao Mar.

Auditoria Urban e servizo de defensa xurídica do Concello

Por outra banda, o alcalde de Ferrol tamén informou doutros dous asuntos que viron luz verde na Xunta de Goberno celebrada esta mañá. Un deles foi a contratación do servizo de auditoria externa e verificación do programa Urban da que se ocupará “Auditores de Empresas Asociados S.L” por un montante de17.157,80 euros (21% de IVE incluído) e un prazo de execución dun ano. O outro tema abordado na reunión ordinaria do executivo municipal foi a contratación do servizo de defensa xudicial e asistencia xurídica do Concello de Ferrol á “UTE Bufete Pieltain-Fuertes y Asociados S.L.P y Lama Abogados S.L.P” por un montante de 171.820 euros ao ano (21% de IVE incluído). Este contrato terá un tempo de duración de catro anos.

9 de marzo de 2015 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.