publicidade hoxe

O GDR Ribeira Sacra resulta galardoado co Premio “Galicia Saudable”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBóveda
A-
A+

O Xurado dos Premios do deporte Galego 2014 reunido onte 10 de marzo de 2015 en Vilargarcía de Arousa, presidido polo secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete Lasa fallou os premios os deportistas e as entidades galardoadas en cada unha das 17 categorías convocadas. O GDR RIBEIRA SACRA resultou galardoado co Premio “Galicia Saudable” a entidade de carácter público destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa, pola celebración do Circuito Leader Ribeira Sacra de carreiras populares 2014. O acto de entrega dos Premios 2014, terá lugar o vindeiro xoves 9 de abril no Auditorio Municipal de Vilagarcia de Arousa, e estará presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. A posta en marcha do Circuíto Leader Ribeira Sacra de carreiras populares xurdiu no ano 2012, cando a xunta directiva do GDR Ribeira Sacra decidiu levar a cabo un proxecto que pretendía acadar varios obxectivos: – Aunar esforzos e cooperar entre os oito concellos que integran o GDR – Contribuír a organización de actividades de ocio no rural – Fomentar a actividade física e hábitos de vida saudable – Promocionar o territorio da Ribeira Sacra Despois de 3 edicións o proxecto está tendo moi bos resultados, teñen participado nestas 3 edicións un total de 5294 corredores, so na categoría absoluta, dos cales o 76,46 % son de fora do territorio do GDR, o que amosa a repercusión do circuíto como actividade promocional.

11 de marzo de 2015 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.