O Fórum Gastronómico conta cun novo espazo, a rúa da comida Cook Trends

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Fórum Gastronómico vai contar cun novo espazo, a zona Cook Trends, que vai encher a galería de cristal de ExpoCoruña de novas tendencias de restauración contemporánea, reunindo por vez primeira en Galicia a postos de comida de rúa e máis food trucks. A súa estrea será na zona do Obelisco o xoves 12, onde seguirán o venres 13 e o sábado 14; para logo situarse en ExpoCoruña os días 15, 16 e 17 de marzo durante a celebración do Fórum Gastronómico Coruña 2015.

Fórum Gastronómico reproducirá na Coruña un espazo estreado na pasada edición 2014 de Barcelona. Nunha especie de ágora da comida de rúa, tan común nos países latinos e practicada de distintos xeitos en toda España, crearase un mix de oferta apropiado para que o visitante atope o seu produto preferido ou poida construír un menú completo a partires de formatos de restauración que están hoxe a expandirse polo mundo.

Desde a cociña sobre rodas dos food trucks coas súas múltiples propostas ata uns sinxelos postos de comida tradicional de rúa, pasando pola cociña verde, os ceviches peruanos ou a comida mexicana, e o espazo Cook Trends quere converterse nun reflexo dalgunhas tendencias en pleno desenvolvemento actualmente no mundo. 

Na zona do Obelisco estarán presentes Les Delícies de Mimi, Con la cocina a cuestas, Estrella Galicia, Galeguesas Truck, Galipizza, Gastromanía na rúa, Josmaga, Pandelino, Salchichen, Siboney e máis Showcooking – The Little Chef Company.

E en ExpoCoruña, a zona Cook Trends ha contar coas propostas de Abastos 2.0, Aceites Abril, Arbore da Veira, Culuca Cociña Bar, Bocanegra, Vinoteca Jaleo, Les Delícies de Mimi, Con la cocina a cuestas, Estrella Galicia, Galeguesas Truck, Galipizza, Gastromanía na rúa, Grupo Town-Sushi Bar, Josmaga, Pandelino, Salchichen, Siboney, Showcooking – The Little Chef Company. Os visitantes do Fórum Gastronómico poderán probar as distintas propostas adquirindo billetes de degustación.

Fórum Gastronómico Coruña 2015 conta co patrocinio institucional do Concello da Coruña, Deputación da Coruña e Coruña Turismo. O patrocinador principal é Estrella Galicia ademais doutros patrocinadores como Cabreiroá, Unilever Food Solutions e Electrolux. Tamén conta con numerosos colaboradores, patrocinadores técnicos e un medio oficial.

9 de marzo de 2015 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.