publicidade hoxe

O equipo do Santiago Futsal comeza a semana con ritmo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O primeiro adestramento da semana do Santiago Futsal comezou a ritmo de música e baile moderno. Como en pasadas tempadas, toda o equipo do primeiro equipo, incluído corpo técnico, acudiu esta tarde a unha das sesións deportivas que se imparten nas instalacións do Multiúsos Fontes do Sar. Nesta ocasión os xogadores tiveron que demostrar os seus dotes na pista de baile e facer fronte a unha hora de baile, dende salsa e merengue ata a moderna zumba.

Con motivo da celebración da Copa de España 2015 este fin de semana en Ciudad Real, esta será unha semana de parón ligueiro, polo que os xogadores gozarán de 3 días de descanso antes de enfrontarse a Prone Lugo AD na semifinal da Copa Xunta que se celebrará o venres 20 ás 18 h en Lugo (Municipal de Lugo).

Plan de traballo semanal

Luns 9 de Marzo
16.45 h-multiúsos- Sesión de bailoterapia

Martes 10 de Marzo
17 h- Multiúsos- Táctico

Mércores 11 de Marzo
09.30 h- Multiúsos- Forza rápida + Transf. + Porteiros
17 h-Táctico

Xoves 12 de Marzo
Descanso

Venres 13 de Marzo
Descanso

Sábado 14 de Marzo
Descanso

Domingo 15 de Marzo
Descanso

9 de marzo de 2015 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.