O Conservatorio de Vilagarcía inicia a semana de audicións cun concerto das súas agrupacións
O Conservatorio Municipal de Música de Vilagarcía desenvolve nos vindeiros días a Semana das Audicións, unha actividade que se organiza cada trimestre co obxectivo de que os alumnos poidan demostrar na práctica e mediante unha actuación pública, a súa evolución na técnica interpretativa. As formacións instrumentais creadas no marco do Departamento de Agrupacións serán os protagonistas do concerto que se desenvolverá este mércores, 11 de marzo, no Auditorio a partir das 20:00 horas. A entrada é libre e de balde.
As obras que interpretarán as diferentes agrupacións neste concerto serán para para conxunto de piano, música de Cámara (piano e xilófono e piano e trombón). Ademais a Orquestra do Conservatorio interpretará catro obras.
PROGRAMA
Kaleidoscope Op. 74 nº 4 – M. Moszkowski
Sara Díz Rodríguez & Laura Hermida Besada, conxunto de piano
Cross Corners – G.H. Green
Laura Chaves Falcón, piano & Isidoro Baúlo Piñeiro, xylófono
Thoughts of Love, Valse de Concerto – A. Pryor
Alba Rodríguez Aragunde, piano & Miguel Abalo Gómez, trombón
Oculta Identidad – Julio Montero
Flourist for wind band – R. Vaughan Williams
Carmina Burana – C. Orff
L’Arlesienne G. Bizet
Colaboran:
Irene García Magaña, piano; Iván Maia Boullosa, clarinete & Nicolás Leiro Álvarez, trombón
Orquestra do Conservatorio Profesional de Música
Dirixe: Jorge M. Ferreira Bellón
Org.: Departamento Agrupacións Cmus Profesional Vilagarcía de Arousa