publicidade hoxe

O Concello de Vimianzo leva ao Pleno unha modificación das normas urbanísticas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

A proposta, con informe da Deputación, axústase ao requirido poloa Xunta de Galicia, logo de varias reunións cos responsables de urbanismo, reducindo a superficie mínima necesaria para contruír, tanto para solo consolidado como non consolidade, dende 500 metros cadrados e aumentando a ocupación ata o 35% da parcela. Esta modificación recolle a posibilidade contrución de adosado de construción ás lindes, con aceptación de ambos propietarios, xunto con outros aspectos que van permitir dar resposta a diferentes problemas vinculados cos usos do solo e coas actividades rurais.

A proposta do goberno municipal, máis ambiciosa, tivo que reducirse por recomendación da Xunta de Galicia que é o organismo que dá o visto bo da modificación puntual.

Estes cambios nas normas urbanísticas fanse coa idea dun maior aproveitamento urbanístico para as edificacións residenciais, pero tamén para aqueloutras edificacións necesarias para as actividades agropecuarias, como pode ser a contrución ou ampliación de cabaneis.

Trátase da primeira iniciativa de modificación puntual do actual goberno municipal., cumprindo unha demanda da veciñanza que habita nos núcleos rurais. Esta medida persegue dous obxectivos: por un lado, favorecer as actividades agropecuarias, así como outro tipo de actividades propias do mundo rural e, por outra banda, permite buscar o asentamento de poboación nos núcleos rurals, respondendo á problemática xurdida ao respecto da superficie mínima de construción, ou de situacións fóra de ordenación debido á existencia de edificacións adosadas como consecuencia de usos e construcións tradicionais.

23 de marzo de 2015 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.