publicidade hoxe

O Concello de Verín convoca o premio ao mellor stand da Feira do Lázaro 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O Concello de Verín convoca o premio ao mellor stand participante na Feira do Lázaro e Certame Gastronómico “Vila de Verín”, que terá lugar durante os días 20, 21 e 22 de marzo no Pavillón Municipal de Deportes da localidade.

O obxectivo do premio, que consiste nunha noite en réxime de aloxamento e almorzo, para dúas persoas, no Parador de Puebla de Sanabria -outorgado polo establecemento verinense desta cadea hoteleira- e un diploma acreditativo, é recoñecer o esforzo creativo de cada participante co fin de conseguir unha montaxe atractiva para a exposición e venda dos produtos. Nesta ocasión, o xurado cualificador, composto por representantes de organismos públicos e privados, terán en conta os seguintes aspectos: creatividade, orixinalidade no deseño, presentación do stand e dos produtos, selección de materiais empregados e disposición de espazos (cada categoría valorarase de 0 a 10 puntos).

Na Feira do Lázaro participarán un total de setenta stands procedentes de varios puntos da xeografía española e do Norte de Portugal. Doces artesanais, queixos, mel, aceites, artigos confeccionados en pel ou madeira, la, produtos de fumeiro, xabóns artesanais, fogar, pintura ou bixutería serán algúns dos produtos que poderán descubrir e adquirir todos os visitantes que se acerquen ao Pavillón Municipal durante as tres xornadas da feira, con acceso gratuíto e un horario de 10 a 14 e de 16 a 22 horas e con entrada gratuíta (o domingo o horario de peche será ás 21 horas).

Este evento está organizado polo Concello de Verín e patrocinado por: Eurocidade Chaves-Verín AECT, Plan de Competitividade Turística Puertas de Galicia, Inorde, Deputación Provincial, Xunta de Galicia, Gadis, Cabreiroá, Construcciones Hnos. Carrajo, D.O. Monterrei, Socitransa, Parador de Verín, Vipeca, Aceites Abril, Pirotecnia Xaraiva, La Caixa, Caja Rural de Zamora, Estradas Galegas SL, MRW, Esinor, AEVER-CCU Verín e AEHCOM.

9 de marzo de 2015 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.