publicidade hoxe

O Concello de Salvaterra presenta as vindeiras actividades, cursos e charlas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

Charlas  sobre alimentación saudable en diferentes etapas da vida, impartidas pola  Doutora en Farmacia e  Nutricionista Amil López Vieitez, creadora da Dieta coherente e con varias publicacións no mercado sobre as dietas saudables, e que o pasado 9 deste mes presentou o seu último libro.

– Alimentación Saudable na Terceira Idade o 26 de marzo de 20.00h a 21.30h, no Salón da Casa de Cultura de Salvaterra

– Alimentación saudable para a Infancia o 16 de abril de 20.00h a 21.30h, no Salón da Casa de Cultura de Salvaterra

– Alimentación para unha Vida Saudable o 23 de abril m de 20.00h a 21.30h, no Salón da Casa de Cultura de Salvaterra

Obradoiro de manualidades o 8 e 15 de abril de 20.00 a 21.00h na Casa de Cultura de Salvaterra

Curso de Cociña Tradicional- Caseira, impartido por profesora titulada, con data de inicio o 23  de marzo, na Cociña do Parque Público A Canuda. Cunha duración dunha semana, de luns a sábado, semanas seguidas mentres se cubran as prazas, en horario de 18.00 a 21.00h, para maiores de 18 anos.

Os mais cativos terán un espacio especial

– Contacontos Bilingüe os días 8, 22 e 29 de abril de 18.00 a 19.00h na Casa de Cultura de Salvaterra

– Musicoterapia para país e fillos os días 6, 13 e 20 de maio de 19.00 a 20.00h na Casa de Cultura de Salvaterra

– Os Venres son dos máis cativos, animación na praza do Concello os días 27 de marzo, 10, 17 e 24 de abril e 8,22 e 29 de maio de 17.00 a 18.30h

13 de marzo de 2015 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.