publicidade hoxe

O Concello de Ponte Caldelas acondiciona a contorna da Casa do Pobo de Rebordelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Acondicionamento do acceso

Acondicionamento do acceso

O Concello procedeu nestes días a completar varias actuacións de mellora na contorna da Casa do Pobo de Rebordelo. As actuacións desenvolvéronse por fases nos últimos meses, e consistiron na realización do muro perimetral, de peche así como a pavimentación do acceso á propia casa. Na contorna instalouse tamén un parque infantil.

Doutra banda o Concello tamén aprobou xa o convenio coa Comunidade de Montes para financiar cunha subvención de 2.000 euros algunhas melloras na propia casa como son a colocación dos canlóns no tellado e a instalación das luminarias no interior da casa.

O Concello aprobou o ano 2015 varias subvencións a distintas casas do pobo, ao tratarse de edificios de titularidade veciñal. No caso de Rebordelo se rata de pequenas actuacións para completar a súa mellora.

31 de marzo de 2015 | 12:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.