O Concello de Ourense e Padre Feijóo inician o ciclo “Sábados de Cine” con 6 películas
A Concellería de Saúde do Concello de Ourense, coa colaboración do Cine Clube Padre Feijóo iniciará mañá a actividade “Sábados de Cine”, un ciclo que prevé a proxección dun total de 6 películas, que terá lugar cada 15 días na biblioteca pública de Ourense, na rúa Concello, sempre ás 18:00 horas, con entrada gratuíta. O ciclo comezará mañá coa proxección da película francesa “Deixade de quererme”, dirixida en 2008 por Joan Becker.
Forma parte de OciOurense o programa de actividades saudables para o tempo de lecer da mocidade ourensá durante as fins de semana que desenvolve o Concello coa colaboración do Ministerio de Sanidade. Inclúe nesta edición un total de 18 propostas, ofertando a mozos e mozas de 14 a 30 anos a oportunidade de participar en BTT, Piragüismo, Escalada, Parkour, Buceo, A bailar, A cociñar, Foto en ruta, Sábados de cine, Camiñar na noite, Xogos de sempre, Globoflexia, Cócteles sen alcohol, Maxia para ligar, Concurso de cócteles, Rol en vivo, Andaina e Caza foto. As persoas interesadas poden inscribirse na páxina web ociourense@ociourense.es, e na Concellería de Saúde, na rúa Concordia, 20, 988 510622.
Para asistir ás proxeccións de Sábados de cine non é precisa inscrición previa nin pagar entrada.











