O Concello de Nigrán convoca tres bolsas de prácticas para as oficinas de turismo
O Concello de Nigrán convoca tres bolsas de estudos para realizar prácticas nas oficinas de turismo municipais, unha delas entre os meses de marzo e setembro, e dous para incorporarse de face á campaña estival, do 15 de xuño ao 15 de setembro. O prazo de solicitude destas bolsas permanecerá aberto até o próximo día 13 de marzo, e deberá realizarse no rexistro municipal. Máis información na páxina Web ou na oficina de información municipal.