O Concello de Monforte informa das subvencións para a renovación total ou parcial de ascensores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O Concello de Monforte informa que a Xunta de Galicia publicou as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á renovación total ou parcial de ascensores pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de viviendas en réxime de propiedade horizontal.

A orde que regula estas axudas é a do 19 de febreiro de 2015, publicada no DOG nº 39 do 26 de febreiro de 2015.

Poderán optar a estas subvencións as comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de presentación das solicitudes comezou o 27 de febreiro e prolongarase ata o día 31 de maio de 2015, excepto que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

As solicitudes poden presentarse das seguintes maneiras:

– Vía electrónica: a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es http://economiaeindustria.xunta.es.Será necesario o DNI electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos.

– En soporte papel: utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

As actuacións que se realicen:

– Deberán permitir unha redución anual, polo menos, do 35 % no custo da enerxía convencional, ou un incremento xustificable na seguridade.

– Estas actuacións levaranse a cabo en ascensores xa instalados ou que se instalen entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 15 de novembro do mesmo ano e deben constar con rexistro de aparato elevador (RAE)

Contía das subvencións:

– Non se admitirán a trámite solicitudes cunha inversión subvencionable inferior a 5.000 euros.

– A intensidade da axuda será dun 50 % da inversión subvencionable pero en ningún caso poderá concederse unha subvención superior a 10.000 euros por ascensor e 20.000 euros por comunidade de propietarios.

Mais información na Dirección Xeral de Enerxía e Minas (Ronda da Muralla, 70 Baixo 2 – 27071 Lugo).

Contacto:

-Páxina web oficial da consellería: http://economiaeindustria.xunta.es

-Teléfono: 981 95 71 87 ou 981 54 55 72

-Enderezo electrónico: cei.sxai@xunta.es

9 de marzo de 2015 | 13:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.