O Concello de Lugo mostra o seu pesar polo falecemento de Francisco Cacharro
O alcalde de Lugo, José López Orozco, en nome do Concello, trasladou o seu pesar polo falecemento do que foi presidente da Deputación provincial durante 25 anos, Francisco Cacharro.
A través dun comunicado remitido aos medios, o rexedor mostrou as súas condolencias e trasladou o seu pésame á familias e achegados do falecido.
López Orozco lamentou a perda que significa para a cidade a desaparición dunha figura que, durante a súa dilatada traxectoria política, foi membro da corporación local de Lugo, na que se ocupou da concellaría de Educación.











