O Concello de Lugo mostra as súas condolencias á familia de Pilar Iglesias Osorio
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, no nome do Concello de Lugo, amosa o seu pesar polo falecemento de Pilar Iglesias Osorio. O Alcalde desexa expresar as súas condolencias á súa familia e ós seus achegados, así como ós seus compañeiros do Partido Popular pola importante perda que supón a desaparición dunha muller que adicou gran parte da súa vida ó servizo polos demais.
O Alcalde lamenta a desaparición de Pilar Iglesias Osorio, que entre os anos 1991 e 2003 foi membro da Corporación local de Lugo, na que se ocupou, entre outras, das áreas de Benestar Comunitario e Servizos Sociais.
López Orozco quere lembrar neste momento o importante labor público desenvolvido por Iglesias Osorio e destaca que a súa vocación social non se agotou tralo seu paso pola política municipal, como demostra o feiro de que ata o final traballou no mundo do asociacionismo e moi en particular na defensa das mulleres rurais.