publicidade hoxe

O Concello de Lugo comeza as obras para un novo espazo para a práctica de esgrima

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, anunciou o comezo das obras para a creación dun novo espazo para a práctica da esgrima, un deporte que auxe na cidade e que tamén practican os deportistas do Pentatlon Moderno.

Este novo espazo está situado na antiga vivenda do celador anexa ao Pazo Municipal de Deportes estase reformando grazas ao persoal contratado a través do Plan Mellora Lugo, que na área de deportes tiña un orzamento de 85.000 euros para a realización de diferentes obras e melloras de espazos.

Con este programa, o Concello vai puxo en marcha cinco liñas de actuación, cada uha delas dotada con 85.000 euros, nas áreas de Medio Ambiente, Educación, Deportes, Zona Rural e Infraestruras. Concretamente estanse realizando actuacións de acondicionamento de zonas verdes, arranxo e reparación de colexios, mantemento e reparación de instalacións deportivas e mantemento, sinalización e pavimentación na zona rural e na rede viaria municipal.

15 de marzo de 2015 | 10:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.