O Concello de Ferrol realiza melloras en diferentes estradas, camiños e pistas da zona rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, visitou esta mañá as parroquias de Doniños e Cariño, onde supervisou xunto cos veciños varias obras de reparación integral de viarios, camiños e pistas na zona rural para reforzar a mellora completa de pavimentos en diferentes puntos do municipio. Estas actuacións, executadas con cargo ao programa DTC 93 “Unha Deputación para todos os Concellos” da Deputación Provincial da Coruña, permiten ampliar ao rural ferrolán o Plan de Renovación de Viarios impulsado polo Goberno Municipal de Jose Manuel Rey Varela que supuxo a reparación integral de máis dunha trintena de rúas en varios barrios da cidade. En concreto, o primeiro edil da cidade comprobou o resultado dos traballos de renovación do firme da pista de Vilar e da de Aldea, en Cariño acompañado polos concelleiros de Servizos e Medio Ambiente e da Zona Rural, Borja Carro Muñoz e Jose Polo Veiga, respectivamente.

Estas intervencións de pavimentación integral nas parroquias de Papoi-Marmancón, A Cabana, Mougá, Pazos, Esmelle, Covas, Mandiá, Cariño, Doniños e San Xurxo dan resposta a demandas plantexadas polas propias entidades veciñais durante as visitas do alcalde as diferentes zonas do municipio dentro do Plan de Barrios. Ao respecto, o rexedor municipal explicou que tódalas obras de renovación completa de estradas, camiños e pistas no rural incluídas dentro deste plan están xa executadas, agás os traballos de pavimentación da pista de Tralouteiro e do Camiño de Os Casás (San Xurxo) que arestora están en plena execución e que estarán totalmente rematados este mesmo mes de marzo.

A inversión total deste programa provincial que permite estender ao rural ferrolán o Plan de Renovación de Viarios do Executivo local ascende a máis de 400.000 euros. Estas intervencións de mellora tamén incluíron a reparación de parques infantís e foron as seguintes: pavimentación do viario principal de Papoi-Marmancón; pavimentación do camiño en Montecoruto e rúa Ricardo Pena, en A Cabana; renovación de viario de Pazos e estrada de Mougá; mellora integral de pistas en As Cortiñas, Lodeiro-Peirón e Migues Castido, en Esmelle; pavimentación pista Os Gorpes e reparación de parque infantil en Covas; renovación do pavimento e substitución de pluviais en Mandiá; pavimentación de pista en Aldea – Cariño, e renovación de pista en Vilar- Doniños; mellora da pista Tralouteiro e camiño Os Casas, en San Xurxo.

Novas actuacións en camiños e viarios do rural

A estas intervencións hai que sumarlle novas actuacións de mellora de infraestruturas así como de camiños e viarios na zona rural do municipio ferrolán programadas polo Executivo de Jose Manuel Rey. Neste senso, o primeiro edil da cidade avanzaou un segundo paquete de actuacións con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS 2014 e 2015) da Deputación Provincial da Coruña, e ao Programa Estratéxico de Infraestruturas do Medio Ambiente (PEIM) da Xunta de Galicia. Así, as actuacións de mellora viaria que se executarán con estes fondos provinciais e autonómicos en Covas, Doniños, San Xurxo, Leixa, Mandiá, A Pega, Santa Icía e Papoi son as seguintes:

– Aglomerado da estrada de A Pega (68.426,09 euros)

– Pavimentación da estrada de Santa Icía e de pista en Papoi (189.354,19 euros).

– Pavimentación de pista en Leixa, accesos Aldea A Pega e pista en Mandiá (75.548,86 euros).

– Pavimentación do Camiño da Pedreira e o Camiño da Fonte de Vidre en Covas, así como o firme da estrada do Lago en Doniños e da pista en Lobadiz, San Xurxo (80.639,40 euros)

13 de marzo de 2015 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.