publicidade hoxe

O Concello de Cangas recibirá 60.000 euros para humanizar a rúa Antonio Nores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasPontevedra
A-
A+

A Deputación concedeulle hoxe, na súa Xunta de Goberno, unha subvención de 60.000 euros ó Concello de Cangas para humanizar a rúa Antonio Nores. Este proxecto forma parte do Plan Provincial de Obras e Servizos de 2015.

A obra ten como finalidade adecuar e mellorar os espazos peonís, racionalizar o uso da vía e dotala de infraestruturas urbanas acordes ó seu uso e densidade actual.

Trátase de urbanizar a totalidade da rúa e mellorar o seu contorno, así como de reparar as deficiencias atopadas na instalación de pluviais que provocan frecuentes problemas de encharcamento. Os traballos proxectados tamén contemplan o cambio das luminarias públicas e a instalación dun novo pavimento na calzada, tanto na zona peonil como na destinada a vehículos.

A rúa Antonio Nores está delimitada pola rúa Baiona, a rúa San Francisco e a zona verde da urbanización Palma. Non ten saída de vehículos debido ó estreitamento que se produce na intersección coa rúa San Francisco, se ben o acceso peonil está garantido.

19 de marzo de 2015 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.