O Concello da Coruña repoñerá 400 metros cadrados de beirarrúa na rúa San Vicente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A concelleira de Barrio, Mariel Padín, visitou Os Mallos, con motivo do inicio das obras de pavimentación das beirarrúas da rúa San Vicente, actuación que completará os traballos executados o pasado ano nas rúas Naturalista Víctor López Seoane e Asturias.

Cun investimento de 59.584,20 euros e un prazo de execución de mes e medio, os traballos consistirán na demolición do pavimento existente e a súa reposición; demolición e reposición do bordo; así como colocación de arquetas, actuacións na rede de pluviais e recollida das baixantes de pluviais. En total repoñeranse 400 metros cadrados de baldosa e 173 metros de bordo, o que supón uns 80 metros lineais de beirarrúa.

Estes traballos forman parte do programa de mantemento, conservación e reparación dos pavimentos de beirarrúas e áreas peonís da cidade, dentro da filosofía actual do Goberno local por manter e modernizar as principais vías e espazos públicos coruñeses, ao que este ano se destinan 35 millóns de euros.

10 de marzo de 2015 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.