O colexio Ferroviario abrirá o día 14 de abril o Certame de Teatro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Despois da reunión mantida este mércores entre aconcelleira de Cultura, Pilar López, e os representantes dos centros de ensino que participarán no XXIV Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte de Lemos, quedou definido o calendario de actuacións dos diferentes grupos participantes no Certame.

As datas das representacións e o título das obras que porán es escena son as que seguen:

COLEXIO P. FERROVIARIO: Tempos modernos para todos, martes14 de abril

IES RÍO CABE: Macbeth, luns27 de abril

COLEXIO PP. ESCOLAPIOS: Fantasía,martes 28 de abril

IES A PINGUELA: A revolución azul,mércores29 de abril

CEIP A GÁNDARA: Acabouse a función,xoves 30 de abril

CEIP DE MONFORTE: A fala, martes5 de maio

CEE INFANTA ELENA: Lola y Lolita las del frasquito,xoves7 de maio

ASOCIACIÓN INVITADA

PRODEME:Enriqueta Si, Enriqueta No, mércores6 de maio

Tódalas representacións levaranse a cabo na Casa da Cultura ás 20:00 h.

A entrega de premios realizarase o día 7 de maio, unha vez que finalice a representación do colexio Infanta Elena.

Na edición do ano 2014 este certame rexistrou unha gran participación. Seis centros de ensino e a asociación invitada Prodeme, representaron un total de sete obras teatrais nas que participaron 82 actores e actrices, 12 directores/as, e varias persoas máis distribuídas nos equipos de vestiario, pqrruquería, iluminación, etc…

13 de marzo de 2015 | 12:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.