O Club da Calceta recada 1.000 euros na súa iniciativa solidaria para alimentación infantil
Durante as xornadas da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’, o Club da Calceta ‘Tecendo Soños’ da Escola de Familia Municipal promoveu unha iniciativa solidaria destinada a venda de artigos de calceta e bixutería, doados polas persoas que o integran, co obxecto de recadar fondos destinados a alimentación infantil.
Para levar a cabo devandita iniciativa, o Club da Calceta contou cun stand no recinto feiral atendido polas persoas integrantes do mesmo, que se encargaron non só de montar e colocar os produtos expostos senón tamén de vendelos a todos/as os/as que visitaron a Feira do Lázaro de Verín. Un gran esforzo e dedicación, por parte destas voluntarias, que permitiu recadar un total de 1.006,82 € que serán doados para adquirir produtos de alimentación infantil
Desde o Concello de Verín quérese agradecer a colaboración altruísta de todas as participantes do Club da Calceta durante esas tres xornadas de atención ao público na feira, así como a todas as persoas que doaron os seus traballos persoais para esta iniciativa solidaria.
O Club da Calceta ‘Tecendo Soños’ iniciouse o 12 de decembro de 2013 co obxecto de ser un lugar de encontro entre as persoas interesadas no aprendizaxe da calceta e en compartir estar labor tradicional. A mesma atópase enmarcada dentro da Escola de Familia Municipal na que tamén se inclúen outras actividades como ‘Kero-Informátika’, ‘Kero-Kolo’, ‘Kero-Kedar, ‘Kero-Kedar +’, ‘ABC de Costura’, ‘Arte de vestir’, ‘Sabedoría dos Recordos’, titoría de acompañamento sociolaboral e socioeducativa personalizada, ‘Se queres, podes’ ou accións formativas de reforzo educativo entre outras. A iniciativa da Escola de Familia Municipal naceu como lugar de encontro, de formación e de intercambio de ideas, experiencias e actividades para todos/as verinenses, que incremente a sensibilización cidadá neste sentido. Está enfocada cara o desenvolvemento positivo de actividades que potencien competencias e actitudes cun carácter pragmático, con mensaxes sinxelos e claros entre as persoas participantes, na que se traballará o esforzo, a cooperación, a responsabilidade, igualdade, autonomía, respecto, aprendizaxe continuo, desexo de saber, creatividade, espírito crítico, asunción de riscos e aceptación de erros.











