O Club Baloncesto Nigrán participará no Torneo Internacional Agueda Basket

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesNigrán
A-
A+

O CLUB BALONCESTO NIGRÁN participará no Torneo Internacional Agueda Basket que terá lugar os días 3 e 4 de Abril na localidade de Agueda (cidade dos paraugas), preto de Aveiro. O club portugués invitou o CB Nigrán e este responde coa asistencia de dous dos seus equipos cuxas xogadoras gozarán de dous días de baloncesto pero tamén de convivenvia no país veciño, xa que compartirán o tempo libre e pasarán a noite os días que ten lugar o torneo nas casas das familias das xogadoras do club anfitrión.

O torneo dasarrollarase no Pavillón Multiúsos de Gica e asistirán clubs de diferentes países para compartir dúas xornadas de baloncesto nos que ademais os seus adestradores intercambiarán experiencias do traballo que realizan día a día.

9 de marzo de 2015 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.