O Centro Óptico Xove tamén é laranxa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurela
A-
A+

O Centro Óptico Xove incorpórase á filosofía laranxa co apoio á burelista Paula Cortiñas. O seu xerente, Carlos Calvo, recibiu a xogadora de Primeira RFEF e o directivo José Ángel Dovale Gradaílle no establecemento xovense, sito na rúa Tomás Mariño Pardo.

Neste encontro o club mariñán quixo agradecer a aposta de patrocinio pola campioa de España con Galicia Sub-21 coa entrega dun recordatorio fotográfico da tempada coa figura de Paula vinculada á imaxe do centro óptico.

31 de marzo de 2015 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.