O centro comercial As Cancelas conmemora o final da Segunda Guerra Mundial cun concerto de música de época

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Esta tarde a banda Rokin Corsarios compartirá o seu repertorio de cancións no centro comercial As Cancelas en dous pases, un de 19:00 a 20:00 horas e outro de 20:45 a 21:45 horas. O concerto será o prato forte da mostra temática da II Guerra Mundial que se expón no centro comercial dende principios de mes.

A exposición das Cancelas inclúe a reconstrución de distintos momentos históricos, tales como a entrada dos aliados en Alemaña, o golpe á mítica Gorida do Lobo, a guerra do Pacífico ou o Desembarco de Normandía.

Estes escenarios acompañan unha mostra que agrupa carteis de películas dos anos 40, maquetas e obxectos orixinais da época. Expóñense tamén no centro ata 8 vehículos históricos entre coches de época, como o Ford M8 Greyhound blindado ou o Cadillac Fleetwood 60 Special, e motos con sidecar tales como a Zundapp KS600 da África Korps ou a BMW R75 alemá.

O carácter pedagóxico da exposición levouna a ser visitada por decenas de grupos de escolares que puideron coñecer de preto o final dun dos conflitos que marcou a historia da humanidade.

A próxima semana está prevista ademais unha sesión fotográfica de rapazas con estética Pin-Up, que terá lugar o sábado 21 en horario de 18:00 h. a 21:00 h.

13 de marzo de 2015 | 12:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.