publicidade hoxe

O Carballiño cunha persoal de 12 operarios para os servizos de emerxencias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O concello do Carballiño contará no mes de abril cunha partida de 12 operarios que cubrirán o servizo de emerxencias, exclusivamente no municipio carballiñés, así o anunciou o alcalde da vila Argimiro Marnotes, tras cumprir todolos procesos necesarios para a creación deste corpo de emerxencias municipal.

No vindeiro pleno, que se celebrará a finais desta mesa semana, levarase a aprobación deste servicio, e sobre todo da urxencia da súa posta en marcha. Así mesmo acordouse unha partida orzamentaria necesaria para o mesmo, que ascenderá a 200.000 euros, destinados integramente ao pago dos salarios de cada un dos membros desta brigada de emerxencias.

Antes da elaboración da plantilla o alcalde reuniouse co responsable local de Protección Civil, para concretar as necesidades que neste intre ten O Carballiño. Tras esta reunión acordouse a creación da citada brigada, cun total de 12 efectivos, que se repartirán da seguinte forma: catro como capataces e oito como operarios. Deste xeito quedan cubertos todos os turnos diarios de emerxencias.

Antes de iniciar todos estes pasos agardouse por parte do Concello a ter o visto bo da subdelegación do goberno para a creacion dun grupo de emerxencias tal e como solicitou o concello, permiso que chegou xa, e co cal pusose en marcha todo o proceso.

Este grupo de emerxencias estará activo ata finais do presente ano 2015.

23 de marzo de 2015 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.