O calendario feiral do recinto estradense inaugúrase coa Feira de Comercio, Anticuarios e Artesáns
O recinto feiral estradense, inaugura esta tarde o seu calendario feiral con a celebración da primeira mostra de promoción económica: 5ª Feira de Oportunidades do Comercio e 46ª edición da Feira de Antigüidades e Artesanía.
O acto de inauguración oficial, levarase a cabo ás seis da tarde e neste, estarán presentes e comparecerán o Presidente de A.C.O.E., Alfredo González Otero e o alcalde estradense, José López Campos.
Logo de acto de inauguración, o recinto xa abrirá as súas portas ao público dende as catro da tarde. Unha vez máis, sensibles coa situación, o equipo organizativo, mantén a entrada gratuíta para todos os visitantes e sorteo de cinco vales de compra por importe de 40 € cada un. Os sorteos realizaranse un o venres ás vinte e unha horas, dous o sábado á mesma hora e os dous restantes o domingo ás dezanove horas.
Máis de sesenta firmas, das cales o 95% son galegas, destacando a participación local cifrada nun 45% do total. A provincia de Pontevedra achega o 78% das firmas participantes, seguida de lonxe pola da Coruña e Lugo, co 16%. O 6% restante, chegarán procedentes do resto da península Ibérica e Portugal.
A maior ocupación porcentual por pavillóns osténtaa o pavillón cinco cun 49% de firmas. Neste espazo expositivo, situarase a feira do comercio local. O pavillón seis, albergará outro 40% de expositores, seguido polo pavillón catro, co 11%.
O comercio, concorre á mostra cun total de trinta e cinco firmas, vinte e tres da Estrada e entre as cales se encontra representado unha parte do sector do moble local, relax, tapizaría, artesanía, textíl, calzado, óptica, etc…
Pola súa banda, os anticuarios presentes suman un total de vinte e seis firmas que se situarán no pavillón seis.
O recinto feiral terá un horario ininterrompido de dez a vinte e unha horas, agás a xornada do venres que tan só abrirá de dezaseis a vinte e unha horas. A entrada para todos os visitantes será totalmente gratuíta.
O primeiro certame do ano, constitúeo unha outlet multisectorial na que, os visitantes poderán adquirir produtos con grandes descontos, moi por debaixo mesmo das rebaixas estacionais.
Téxtil, calzado, enxoval, relax, mobiliario, tapizaría, decoración, iluminación, colchoaría, antigüidades, artesanía, etc…, son algúns de os subsectores representados.