publicidade hoxe

O Bilbo chega a Burela pechando a táboa no regreso de primeira RFEF

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O Burela FS Pescados Rubén retoma este sábado a competición de Primeira División RFEF tras a parada polo Campionato de España de Seleccións Territoriais Sub-21 no que se proclamou campioa Paula con Galicia. O obxectivo da 21ª xornada é o Tecuni Bilbo que recala na Mariña como farol vermello, con cinco empates y unha vitoria. Vista Alegre acollerá a cita a partir das 18.30 horas.

O cadro de Lucas defenderá a terceira praza da clasificación (43 puntos) pelexando por recurtar distancias co segundo fronte a un rival forte físicamente. As laranxas chegan ben tras o descanso ligueiro desta semana e coa intención de manter a intensidade e actitude dos últimos encontros. Lucas apela á paciencia para facerse cos tres puntos: “Debemos saltar á pista centradas e ter paciencia. O rival manterase pechado en media pista á espera dos nosos erros; nós deberemos saber marcar os tempos do encontro sen precipitarnos e, unha vez que abramos o marcador, todo sairá rodado para conseguir os tres puntos” explicaba o técnico mariñán.

Patri, que comezou a adestrar tras a intervención de menisco que a mantivo apartarda nas últimas semanas, podería entrar na convocatoria. O resto do vestiario laranxa está á disposición de Lucas, sen contratempos.

Na primeira volta o electrónico decantouse polas galegas 1-3.

13 de marzo de 2015 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.