‘O barco dos contos’ chega á Biblioteca de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O vindeiro venres 13 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘O barco dos contos’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre mariñeiros e historias do mar e como manualidade unha un barco pesqueiro -os/as participantes deberán traer unha cartolina branca grande-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

9 de marzo de 2015 | 13:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.