O Aturuxo de Melpómene representa “Desencaixados” no centro cívico de Caranza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, organiza o vindeiro domingo, día 8 de marzo, unha nova representación escénica no Centro Cívico de Caranza dentro das xornadas abertas a agrupacións de afeccionados “Domingos de Teatro”. Esta actuación correrá a cargo de O Aturuxo de Melpómene e a súa obra “Desencaixados”. A función comezará ás 19:00 horas no Centro Cívico de Caranza e será gratuíta.

Este espectáculo traxicómico reflexa a crise. A posta en escena incluirá materiais como cartón, papel ou trapo e os recortes afectarán mesmo ao vestiario, tratando de facer así unha deformación esperpéntica da realidade.

Ademais, a programación continuará o día 15 de marzo coa Asociación Teatral Paso de Valverde e a súa obra “Sánatos”.

6 de marzo de 2015 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.