O alcalde de Vigo insta á Xunta a asumir as súas obrigas e cubrir o patio de recreo do colexio Canicouva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

O alcalde recriminou esta mañá á Xunta de Galicia non atender as súas obrigas cos colexios da cidade. Concretamente, referiuse ao centro público de Canicouva que reclama un patio de recreo cuberto, segundo lle trasladaron profesores e alumnos ao rexedor durante unha visita ao Concello.

Caballero criticou a desatención que están a sufrír un número “significativo” de colexios públicos na cidade que non contan con patios cubertos para o recreo dos estudantes. Logo de recibir a un grupo de alumnos e docentes do colexio Canivouva, reclamou á Xunta que cumpra coas súas competencias e cubra o patio deste centro. En rolda de prensa, Caballero lembrou que xa o Concello tivo que asumir a cubrición do Rodríguez Castelao, que nestes momentos o Concello xa ten proxectada a do Carballal e “agora comprometémonos co de Canivouva, se é que non o fai a Xunta, quen ten a obriga porque é a que recibe os recursos do goberno Central”, explicou.

2 de marzo de 2015 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.