publicidade hoxe

O alcalde de Ponte Caldelas visita o curso de informática no que participaron 23 alumnos de Forzáns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Visita do alcalde de Ponte Caldelas ao curso

Visita do alcalde de Ponte Caldelas ao curso

O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, visitou aos 23 participantes da parroquia de Forzáns no curso de informática que se estivo impartindo ata a súa clausura no Centro Sociocultural da localidade dentro do programa Pensa en Ti, que desenvolve a Deputación de Pontevedra.

Durante a súa visita, o alcalde puido comprobar como os asistentes ao curso ían coñecendo as distintas ferramentas e elementos que acompañan ao ordenador e asistiu en directo a unha clase na que os alumnos debían aplicar diversas aplicacións relacionadas co tratamento de texto. Moitos dos participantes, a gran maioría, supera os 60 anos de idade e ata a celebración deste curso nunca antes se sentaran ante un ordenador.

Os asistentes agradeceron a colaboración da Deputación e do Concello para que puidesen desenvolverse este tipo de iniciativas que contribúen non só a aumentar a oferta lúdica e formativa das asociacións senón que dinamizan tamén a súa vida interna fomentando a participación dos veciños en actividades que despertan gran interese.

O obxectivo do curso é que os usuarios coñezan o funcionamento do ordenador e poidan ao finalizar a súa asistencia realizar tarefas básicas para o seu normal uso. Tamén os dous últimos días do curso o monitor do curso realizou unha pequena introdución sobre o acceso a internet co fin de que os asistentes pudieran saber navegar e facer operacións como solicitar unha cita médica de maneira telemática.

Ao finalizar o curso, os asistentes obsequiaron aos seus monitores cunha improvisada merenda e agradecéronlles a paciencia e os ensinos transmitidos. Así mesmo, manifestaron o seu desexo de seguir profundando no manexo do ordenador cun novo curso, esta vez, de acceso a internet.

25 de marzo de 2015 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.