publicidade hoxe

O alcalde de Oleiros reúnese cos afectados polas expropiacións da Ártabra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, reuniuse esta mañá cun grupo de veciños e veciñas afectados polas expropiacións da vía Ártabra que aínda se atopan sen cobrar o diñeiro da expropiación dos seus terreos desde hai sete anos. Durante este encontro, no que o rexedor estivo acompañado por un xurista municipal, asesorouse aos afectados e facilitóuselles a documentación necesaria para demandar á Xunta o diñeiro que lles debe así como os xuros xerados polo retraso.

No escrito requírese da Xunta, a nivel individual, que se identifique os responsables da xestión destas expropiacións. De non producirte de inmediato o pago pendente os veciños recorrerán aos tribunais por un posible delito de prevaricación. Ademais do pago dos terreos, algún dos propietarios reclamará ademais o valor de peches e diversas instalacións.

18 de marzo de 2015 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.