O alcalde de Ferrol supervisa o desenvolvemento da revisión e adaptación do PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Revisión do PXOM

Revisión do PXOM

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela; e o concelleiro de Infraestruturas, Urbanismo e Contratación, Guillermo Evia Pérez, mantiveron un encontro de traballo con membros da empresa Oficina de Planeamento S.A, adxudicataria da revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), para abordar a redacción deste documento que marcará o desenvolvemento do municipio ferrolán no seguinte mandato. O primeiro edil da cidade e o titular de Urbanismo aproveitaron a reunión para facer chegar aos responsables da redacción do plan as propostas que fixeron ao mesmo colectivos como a delegación ferrolá do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG).

Así as cousas, neste encontro se abordaron cuestións a plasmar na revisión do PXOM como a mellora das comunicacións tanto entre barrios como nos eixos transversais da cidade-estradas de Castela e Catabois, As Pías, A Malta, etc…); a creación de novas redes de itinearios peonís e de zonas destinadas a espazos libres ou a xeración de bolsas de chan empresarial, entre outros aspectos que deberá incluir o a revisión do que é o principal documento de ordenación e planificación urbanística do municipio.

O importe desta contratación de carácter plurianual ascende a 880.880 euros (21% de IVE engadido) e a duración do mesmo é de catro anos con posibilidade de prórroga ata dous anos máis. As fases para a revisión do PXOM son, por este orde: anteproxecto de planeamento; informe de sustentabilidade ambiental e documento para informe previo á aprobación inicial; documento para aprobación inicial, informes tras a información pública e memoria ambiental; documento para aprobación provisional, incluíndo adecuacións ás determinacións da memoria ambiental e documento de aprobación definitiva. En función deste programa de traballo, a previsión é que o plan estea finalizado o vindeiro mandato.

Esta revisión do PXOM responde á necesidade de adaptar a nova normativa autonómica e estatal o plan de urbanismo actual vixente dende o ano 2000. Deste xeito, Ferrol estará á vangarda dos concellos cun plan xeral adaptado á nova Lei do Solo de Galicia.

10 de marzo de 2015 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.