O alcalde de Ferrol inaugura a exposición “O Ártico rómpese” que se poderá ver na praza de España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Inauguración da exposición

Inauguración da exposición

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela; o director institucional de La Caixa, Ignacio Pascual; e o comisario da mostra, Toni Pou, presentaron hoxe a exposición itinerante O Ártico rómpese, unha singular mostra cuxa finalidade é dar a coñecer o importantísimo papel dos ecosistemas do Polo Norte e concienciar da importancia da conservación da rexión polar. Este acto inaugural tivo lugar na praza de España, onde esta mostra poderá ser vista até o vindeiro 9 de abril; e tamén contou coa presenza dos concelleiros de Cultura e de Igualdade e Xuventude, Manuel-Reyes García Hurtado e Verónica Casal Míguez, respectivamente.

Jose Manuel Rey desexou un gran éxito de público a esta exposición “que está ubicada neste contorno de entrada ao barrio de A Magdalena”. Neste senso, o primeiro edil da cidade destacou que a mostra estará aberta á cidadanía até principios do vindeiro mes de abril “o que permitirá que as máis de 200.000 persoas que gozarán da nosa Semana Santa poidan tamén facelo deste espazo expositivo”. O rexedor municipal sinalou que a exposición “El Ártico se rompe” aborda a singularidade dos ecosistemas no Polo Norte a través de espectaculares fotografías e anovadores módulos interactivos. Ademais, o alcalde ferrolán avogou pola sensibilización sobre os efectos do cambio climático, ao tempo que sinalou que a mostra “nos achega ao clima ártico, a vida nunha situación extrema, a pegada humana ou as luces do norte”.

A exposición pretende fomentar o pensamento crítico e sensibilizar sobre un problema medioambiental importante: os efectos do cambio climático no Ártico e as súas consecuencias para o resto do planeta. Así, as altas temperaturas dos últimos veráns aceleraron o desxeo superficial do Ártico. As fracturas de icebergs non fan máis que evidenciar os síntomas do proceso de transformación dunha das zonas máis sensibles da Terra. Estes cambios, que están desencadeando unha aceleración do cambio climático, afectarán ao clima de todo o planeta.

Unha parte importante da exposición está formada polas fotografías de Andoni Canela, que viaxou por Groenlandia, Alaska, Canadá, Svalbard, Islandia, Rusia e Laponia e achéganos á realidade recente da rexión ártica. O Ártico rómpese conta tamén con audiovisuais que explican que é unha aurora boreal ou os diversos clases de xeo, e interactivos onde, entre outros, móstrase como se desfán os casquetes polares e é posible observar o pelo dun oso polar, líquenes e plantas carnívoras. Ademais, un conxunto de pezas procedentes de Nunavut (Canadá) e o norte de Alaska achégannos á vida e cultura dos seus habitantes. Os visitantes poden escoitar un conto inuit-yupik e música sami, sentíndose inmersos na extraordinaria rexión ártica.

Un exclusivo e anovador espazo creado especialmente para a mostra simula un paseo entre icebergs. As pezas e imaxes que integran a exposición están dispostas sobre paredes irregulares e xeométricas que recordan as paredes de xeo e xogan coas súas numerosas gradaciones de brancos e azuis.

O clima ártico

Os glaciares e ecosistemas árticos encerran a historia do clima do noso planeta. Tamén son valiosos indicadores das alteracións climáticas que están ocorrendo na actualidade. Por iso o seu valor é incalculable para a ciencia, e os científicos traballan en distintos programas de investigación centrados no Ártico.

Ao longo do percorrido deste ámbito móstranse as diferenzas existentes entre os tipos de xeo que se atopan na rexión ártica: icebergs, glaciares, banquisa… Explícase o papel que xogan como reguladores no clima terrestre, constatándose a súa importancia. Tamén se pode gozar da beleza das formas dos cristais cos que se forma o xeo. E un multimedia esférico descobre a duración da noite ártica e outras moitas singularidades.

A vida nunha situación extrema

A pesar do duro clima, o ecosistema ártico acolle unha gran variedade de seres vivos. Estas especies desenvolveron significativas estratexias que lles permiten illarse ou soportar o frío, camiñar sobre a neve e camuflarse no contorno.

Coa disminución do xeo ártico, animais como os osos polares poderían estar en perigo, algunhas aves migratorias chegarán a perder as súas nidadas debido á falta de terreo estable, e algúns dos vexetais máis resistentes do planeta, como son os musgos e os líquenes que poboan a tundra, poderán ser substituídos por especies máis meridionales.

No Ártico, animais e plantas convertéronse en mestres da supervivencia. Neste ámbito é posible coñecer distintas estratexias de adaptación tanto en plantas como en animais. Entre elas, o caso do charrán ártico, que é capaz de dar a volta ao mundo e regresar cada verán ao mesmo sitio, ou plantas que comen insectos, entre outras particularidades.

A pegada humana

Máis de vinte grupos étnicos viven ao redor do océano Ártico. Agora intentan adaptarse ás modificacións que o cambio global está producindo no seu contorno, loitando por non perder as súas tradicións.

Para achegarnos aos habitantes do Ártico e coñecer a súa forma de vida, móstrase a roupa e os utensilios dos inuit, maquetas das casas onde viven, etc., todo iso co fin de aproximarnos á súa cultura.

Baixo o xeo escóndense grandes tesouros, por exemplo gas natural, petróleo, carbón, ferro, níquel e ouro. A presión económica é moi forte e moitos esperan as oportunidades que supoñerá a desaparición do xeo. ¿Que ocorrerá con este valioso ecosistema?

As luces do norte

As auroras boreales constitúen un marabilloso espectáculo celeste. Prodúcense cando partículas orixinadas no Sol (vento solar) alcanzan a atmósfera terrestre. Entender como se orixinan estes fenómenos e gozar da contemplación das auroras boreales escoitando lendas inuit servirá para poñer punto final á mostra.

Un espazo expositivo, exclusivo e innovador

Para a exhibición da exposición O Ártico rómpese, o departamento de I+D da Obra Social ”la Caixa” deseñou un espazo especial e anovador, a UD 100. Un sistema converte a caixa dun contenedor nun espazo expositivo de 100 metros cadrados libres (neste caso de 200), e unha altura na súa parte central de até 5,5 metros. O sistema desenvolvido permite así mesmo unir até tres UD 100, obtendo un espazo para albergar exposicións de até 300 metros cadrados. Neste caso, as dúas UDS recrean a sensación do xélido ambiente do Ártico coa axuda de música e sons propios desta valiosa parte do planeta. Así, os visitantes sentiránse inmersos neste remoto e extraordinario lugar que é o Ártico. Un sofisticado sistema hidráulico de autonivelación controlado mediante unha pantalla táctil permite, nun tempo récord, que dous técnico asuman as tarefas de despregue da UD 100 dende a apertura completa do habitáculo ata o asentamento completo no terreo: un deles dirixe os movementos e o outro contrólaos, confirma ou aborta ante calquer imprevisto. O sistema individualizado de anclaxe ao chan permite de feito correxir desniveis de até o 3%.

El sistema desarrollado permite asimismo unir hasta tres UD 100, obteniendo un espacio para albergar exposiciones de hasta 300 metros cuadrados.

Púxose especial énfase no apartado de sostenibilidade, concretamente no consumo enerxético, mediante paneis dobres con cámara de aire, concepto este diametralmente oposto á habitual lona usada nas carpas. O deseño do teito, disposto en forma triangular e cunha trampilla orientable, facilita así mesmo e de forma controlada a evacuación do aire quente acumulado na zona superior. Por último, un moderno sistema de refrixeración natural (free cooling) completa a optimización da enerxía para o mantemento do clima desexado.

Para a iluminación, a UD utiliza o sistema led en formato de focos e tiras encastrables de baixo consumo.

Con este novo espazo, a Obra Social “La Caixa” divulga o coñecemento científico, social e cultura a un público máis amplo. Estas exposicións, que itineran por distintas poboacións e instálanse en espazo cedidos polos municipios, pretenden alcanzar ao máximo número posible de persoas.

12 de marzo de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.