O 4º Trofeo Rally BTT Cidade de Ferrol desputarase nun circuíto de seis quilómetros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrol
A-
A+

A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, presentou esta mañá o 4º Trofeo Rallye BTT Cidade de Ferrol que se celebrará o vindeiro sábado día14. Esta primeira proba puntuable do Open Galega comezará ás 16:00 horas na parroquia de Brión. “Unha modalidade deportiva moi vistosa e espectacular que se desputará nun lugar inmellorable para a práctica do BTT”, engadiu a edil Susana Martínez que estivo acompañada polo presidente do Club Ciclista Ferrol, Juan Martínez Rey, que organiza este evento coa colaboración do Concello de Ferrol.

Segundo explicou o presidente do Club Ciclista Ferrol espérase unha participación de aproximadamente 150 ciclistas. Así mesmo, sinalou que o prazo de inscrición estará aberto até mañá venres e poderase formalizar a través da página web: www.championchipnorte.com. O circuíto terá unha lonxitude de seis quilómetros, ao que segundo as diferentes categorías haberá que dar entre tres e cinco voltas. Máis concretamente, os grupos cadetes e master 40-50 deberán realizar o percorrido tres veces; o junior e master 30 darán catro voltas; mentres que élite e sub-23 realizará cinco veces o circuíto completo. En canto ás categorías femininas, élite deberá facer cuatro voltas, junior tres e cadetes dúasvoltas.

12 de marzo de 2015 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.