publicidade hoxe

Novos horarios da oficina de turismo e do Museo Colón durante Semana Santa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

A Concellaría de Turismo do Concello de Poio informa sobre a apertura da oficina de turismo de Combarro e a Casa Museo de Colón con motivo da chegada da Semana Santa.

A oficina de turismo de Combarro atenderá ós visitantes que se acheguen ata a vila mariñeira a partires do venres 27 de marzo todos os días en horario de 10:30 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 fins de semana incluídos. Unha vez rematada a Semana Santa, a oficina de Combarro permanecerá aberta en horario de tarde de 16:30 a 20:30 de luns a sábado co fin de continuar dando un servizo ós visitantes que se acheguen ata Combarro.

Pola súa banda, a Casa Museo de Colón situada en Portosanto abrirá as súas portas a partires do próximo luns 30 de marzo en horario de luns a sábado de 10:30 a 14:30 e polas tardes de 16:30 a 20:30.

Catro técnicos con titulacións relacionadas co turismo e contratadas polo Concello de Poio serán as encargadas de dar a información turística ós visitantes que se acheguen ata Combarro e ata a Casa de Colón. En canto á oficina de turismo do Casal de Ferreirós que esta semana volveu a renovar o seu distintivo de Calidade Turística do SICTED, o Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos promovido por TURESPAÑA e a FEGAMP, permanecerá aberta no seu horario habitual de mañá de 09:00 a 14:00.

Polas tardes a Casa Museo de Colón prestará a súa vez servizo como oficina de turismo co fin de atender ós visitantes que se acheguen ata o noso municipio.

26 de marzo de 2015 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.