publicidade hoxe

Novas obras de mellora no recinto do cemiterio municipal e na capela de Catabois

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Goberno Municipal de Ferrol segue avanzando na mellora e mantemento do Cemiterio Municipal de Catabois coa recente adxudicación das obras de reforzo na estrutura así como o pintado das arcadas de acceso ao cemiterio e a mellora da capela. Esta actuación ten un importe total de 169.758, 01 euros e se executará con cargos ao Plan de Obras e Servizos (POS 2014) da Deputación Provincial da Coruña. O proxecto elaborado pola Concellería de Servizos e Medio Ambiente, que dirixe Borja Carro Muñoz, permitirá reforzar e fixar as estruturas, eliminar as gretas, evitar as filtracións e levar a cabo o pintado integral das dúas arcadas e a capela.

Así, esta nova mellora únese a outras das intervencións no cemiterio municipal de Catabois acometidas polo Concello de Ferrol neste mandato e que consistiron na apertura de novos aseos, a substitución do adoquinado por un novo pavimento, a habilitación de beirarrúas no pasillo central ou a construcción de 120 nichos. Tamén se realizou o pintado de todas as fontes e figuras do camposanto, dos laterais do pasillo central e das farolas, así como a substitución de bancos de madeira con respaldo e a renovación de papeleiras. Todas estas actuacións, executadas con fondos municipais, ascenden a máis de 100.000 euros e responden a necesidade de subsanar deficiencias e de atender ás demandas veciñais que estaban pendentes de resposta dende hai anos.

10 de marzo de 2015 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.