Nova programación cultural en Lugo ata o mes de xuño con actividades para todas as idades
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou a nova programación cultural para os meses de maio e xuño de 2015.
Este programa recolle todo tipo de actividades, dende música, teatro, actividades guiadas, historia e arqueoloxía ou danza e dirixida a todos os públicos e idades para que os cidadáns da Lugo poidan desfrutar de actividades diferentes e culturais, segundo destacou Carmen Basadre.
Ademais de todas estas actividades hai programadas visitas dentro do programa Lugo pedra a pedra, Terras de Auga e Cultura e Visitas guiadas polo Lugo Romano, que permitirán aos excursionistas coñecer outras parte de Lugo e da súa zona rural.
Teatro e Danza Urbana
Dentro da programación destaca un ciclo de teatro dirixido a todos os públicos pero que trata temas de especial importancia para os mozos e mozas como son os conflitos, a moralidade e as emocións.
Son catro obras de teatro en colaboración co AGADIC serán no Auditorio Gustavo Freire ás 20.30 horas. A primeira delas terá lugar o xoves 26 de marzo coa obra O principio de Arquímedes, interpretada pola Compañía Teatro do Atlántico e protagonizada por María Barcala, Toni Salgado, Alberto Rolán e Marcos Vieitez, e que versa sobre unha acusación de pederastia.
A segunda das obras é Té con Kant de Inversa Teatro e protagonizada por Marta Pérez e María Roja, será o sábado 28 de marzo. Trátase dun proxecto experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía.
Talía Teatro representará a obra Demolición o 22 de abril e que está protagonizada por Toño Casais e Artur Trillo que desenvolverán unha “comidrama” iniciada por un conflito.
A última das obras é o 30 de abril titulada Divenire da compañía Circle of Trust &Logela especializada en danza breakdance que mesturan baile e música.
As entradas terán un prezo único de 5 euros e poderan mercarse na web entradaslugo.es , no Centro de Interpretación da Muralla e no Auditorio Gustavo Freire os venres de 18 a 21 horas e unha hora antes da función.











