publicidade hoxe

Nova avaliación de Competencias Clave dos niveis 2 e 3

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

A Área municipal de Emprego que dirixe a edil Teresa Cerdeira, apostando novamente pola formación como ferramenta indispensable para abrirse un camiño no mercado laboral, anuncia a convocatoria dunha nova avaliación de Competencias Clave, dos niveis 2 e 3, por parte da Xunta de Galicia.

O Concello do Carballiño organiza un curso preparatorio para obter estas comnpetencias clave, que se desenvolverá dende o 22 de abril ata o 22 de maio, estando aínda sen confirmar o horario deste. Tódolos/as interesados/as en realizar este curso deberán realizar a solicitude de inscrición no exame, así como no curso, ata o vindeiro 10 de abril, nas dependencias da Área de Emprego, ubicadas no segundo andar da casa consistorial, este curso será totalmente gratuíto.

As Competencias Clave son os requisitos formativos que asegurarán que o alumnado posúa os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento os cursos correspondentes aos novos certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 e 3. Para o acceso dos alumnos aos certificados de profesionalidade de nivel 1 non se esixen requisitos de acceso. Estas competencias clave comprenden un conxunto de contidos xerais de formación básica en diferentes áreas de coñecemento.

As persoas que participen nas probas de avaliación en competencias clave se lles expedirá un documento acreditativo que permitirá o acceso á formación que requira esa competencia clave.

Os exames de Competencias Clave serán o 23 de maio en Silleda.

24 de marzo de 2015 | 20:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.