publicidade hoxe

Neda homenaxea ás mulleres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, presidirá mañá sábado o acto central en Neda do Día Internacional da Muller. Unha homenaxe pública organizada polo Concello a aquelas veciñas que, ao longo da súa vida, foron exemplo de traballo e sacrificio. O acto, aberto á participación da veciñanza, celebraráse na Casa da Cultura, a partires das 19 horas. Rendiráse tributo a aquelas veciñas da real vila que adicaron a súa vida a traballar, nalgúns casos en fornos locais, noutros ao fronte de negocios tradicionamente dirixidos por homes, na ensinanza aprendendo leccións de vida a varias xeracións… A mulleres que, en si mesmas, foron exemplo de vida. Estas son: Cándida Arribe Díaz, María Ramírez Sachocos, Evangelina Barro Soto, Josefina Castro Castelo, Antonia Martínez Seara, Natividad Yáñez Fernández, Genoveva González Santamaría, Inelia Fernández Penabad, Remedios Bouza Martínez, Josefa Fernández Hermida, Ana Fernández Hermida, Esther Arnosa Vázquez, Teresa Veiga Borreiros, Francisca Gómez Grueiro, Encarnación Castro Díaz, Manuela Luaces Fernández, Isolina Vilariño Lorenzo, Luisa Gil López e Carmen López Fernández.

6 de marzo de 2015 | 12:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.