Navantia traslada o seu pésame á familia do falecido en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Europa Press

A dirección de Navantia mostrou o seu pesar polo falecemento na noite do martes dun operario dunha empresa auxiliar, de 58 anos, tras sufrir un accidente laboral, cando realizaba tarefas de transformación no buque ‘Monforte de Lemos’, na área de reparacións.

Segundo a empresa naval pública, o traballador falecido “contaba cunha dilatada experiencia no sector da reparación naval” e, tras o sucedido, abriuse “unha investigación para determinar as causas do accidente” que se produciu “durante unha manobra de carga suspendida”.

Nun comunicado de prensa emitido este mércores, Navantia tamén “lamenta profundamente o accidente” e envía aos familiares o seu “máis sentido pésame”.

CONSELO POLÍTICO DE EU

Por outra parte o Consello Político Local de Esquerda Unida tamén lamentou nun comunicado o falecemento deste traballador da empresa Cooperativa Iris, ademais de “trasladar as súas condolencias” e “o pésame á familia e achegados”.

Por parte de EU reclamouse unha “investigación” que esclareza os feitos e as posibles “responsabilidades do estaleiro na vixilancia e cumprimento da lexislación en materia de seguridade e saúde laboral”.

Así mesmo, Esquerda Unida asegura que “a constante deterioración das condicións laborais nos estaleiros” da ría, con “excesos de xornada e mingua de salarios, incumprimento de convenios e solapamento da negociación colectiva”, inciden directamente na “sinestralidade laboral”.

Ademais, pide que se habilite un plan estratéxico para o sector naval público que “antepoña os intereses da clase traballadora” á busca dos beneficios empresariais”.

25 de marzo de 2015 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.