publicidade hoxe

Monforte informa dos campamentos de verán da Xunta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A concelleira de Xuventude do Concello de Monforte, Rosa Ana Somoza, informa que se atopa aberto o prazo para solicitar os Campamentos de Verán 2015.

Estes campamentos, ofertados pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, están dirixidos a rapaces e rapazas de idades comprendidas dende os 9 ata os 17 anos.

A oferta é moi variada, podendo optar por campamentos dentro ou fóra da nosa Comunidade Autónoma.

As actividades ofertadas en Galicia son múltiples e variadas: actividades no mar; implíca-T co ambiente natural; agricultura ecolóxica e conservación do medio; implíca-T co agro; Big Bang illa; implíca-T na illa; aventura nas Mariñas; implíca-T con nosco; conecta con Galicia; implíca-T en Gandarío; natureza no camiño; implíca-T no camiño; natureza xunto ó mar; implíca-T con Son; Candilexas; implíca-T con Barbanza; naturArea: ambiente mariño e náutica; implíca-T coa Mariña; aventura no camiño; Devesa Creativa: danza e música; implíca-T na Devesa; Devesa Creativa: arte urbana; Devesa Creativa: imaxe e son; Devesa Creativa: artes escénicas; Eco-Palas: natureza e patrimonio; implíca-T: natureza e patrimonio; adventure camp 2015; teatro e aventura na natureza; xuventude activa – eu tamén participo; Manzaneda alta montaña e campamento Equial.

Noutras comunidades autónomas, como Álava, Extremadura, Castela e León e A Rioxa, as actividades ofertadas son: colonia de rock, multiaventura, náutica, deporte e ocio en Jerte, multiaventura, e aire libre e multiaventura.

O prazo de solicitude remata o día 8 de abril, polo que calquera interesado/a pode acudir á Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello, situada nas Casiñas da Compañía, ou chamar ó teléfono 982 87 51 26, onde ademais de informarse poderán xestionar a súa solicitude.

24 de marzo de 2015 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.