publicidade hoxe

Moncho Fernández afirma que o UCAM Murcia é un equipo que intimida

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro prepárase para recibir nesta vixésimo cuarta xornada da Liga Endesa (sábado, 20.00 horas) ao UCAM Murcia de Diego Ocampo, do cal o adestrador do Rio Natura Monbus Obradoiro, Moncho Fernández, define a progresión como ” in crescendo”.

Deste próximo rival, Fernández recorda que alcanza máis de oitenta puntos por partido, é un equipo que agora mesmo está nun nivel de acerto alto. Cos seus perimetrais, cos seus interiores, ten moitos puntos en todos os xogadores e iso si que nos vai esixir un esforzo defensivo moi grande, tanto por ritmo coma por acerto”.

Ao técnico santiagués preocúpalle “que cando falamos do ataque non é só referente á calidade de Bamforth, Kelati, Cabezas, Neto, que está a xogar moi ben, Radovic, Lima… ademais diso, eles xeran moitos puntos dende a súa capacidade defensiva”, explicou.

“Intimidan, é un dos equipos que máis tapóns pon da liga, e dende aí poden lanzar un contraataque coa velocidade dun Bamforth que está en plena forma, de Neto, de Cabezas, etc. Cualquiera conduce o balón e son capaces de finalizar con tiros de tres. Por iso non se trata só dos puntos que xeran, senón de onde”, detallaba o de Pontepedriña. “Nós non só teremos que estar ben no noso ataque, tamén duros nos bloqueos e sen perdidas, unha das cousas que nos lastrou na primeira volta,” relatou.

Da pasada xornada, o equipo queda co positivo: “Estuvimos moi preto. Melloramos o ataque, tivemos máis acerto, volvemos ao partido cando iamos perdendo para ter esa opción. Os rapaces fixeron un esforzo enorme, así que o lóxico é que quedemos con iso”.

Moncho Fernández espera poder contar cos seus homes, á espera do avance do proceso febril que sofre Haris Giannopoulos e da evolución do edema óseo de Keaton Nankivil.

12 de marzo de 2015 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.