Mobilidade informa da revisión das tarxetas de aparcamento para residentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Concellería de Mobilidade e Seguridade Cidadá informa a todos os cidadáns que o Concello está a levar a cabo a actualización e comprobación das tarxetas/distintivos de aparcamento para residentes. A relación das tarxetas/distintivos que se anulan nas distintas zonas (por non cumprir os requisitos esixidos pola Ordenanza do Sistema de Ordenación e Regulación do Servizo da ORA e Aparcamento de Residentes) será publicada nesta web (apartado de anuncios) e no Boletín Oficial da Provincia.

Recentemente xa se publicaron as correspondentes á zona 1, Pontepedriña, e á zona 2, Vite.

26 de marzo de 2015 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.